Inicio / Hotel / Hotel /

Hotel Rural Mar de Queo 2

Hotel Rural Mar de Queo 2

Fachada Hotel Mar De Queo

O Hotel Rural Mar de Queo 2 é un hotel con encanto en Galicia, cun edificio singular de estilo rural galego (contén un cabazo), e de ambiente rústico. Ten un aparcadoiro gratuíto e un pequeno ximnasio. No exterior hai un gran xardín cun río e unha fonte para relaxarse.

O hotel é ideal para unha escapada romántica, de lecer ou ben por traballo. Destinado a parellas, familias que queiran relaxarse nun ambiente rural galego e/ou persoas business.

Consta de habitacións estándar e habitacións superiores, todas son luminosas, amplas e de ambiente rústico.

Todas as habitacións teñen WIFI gratuíto, TV, caixa forte, fío musical, mobiliario alfonsino, información turística, amenities para a súa estancia, secador e un agasallo de benvida.


Almorzo

O almorzo sérvese  entre 8h e 11h. En caso que se queira fóra dese horario, hai que avisar con antelación.

O hotel ofrece:

  • Almorzo Buffet: café ou té, zume de laranxa espremido ao momento, croissant, tostas, xamón e queixo, mel, manteiga e distintas confeituras.
O almorzo continental costa 5€ / persoa/día.
Para os nenos de entre 0 e 3 anos é gratuíto.

*Se o cliente desexa outros produtos (chocolate, cereais…) hai que pedilo con antelación.


Recepción

Hotel Rural Mar de Queo 2

A recepción está aberta todos os días da semana entre 9h e 20h. Se se chega máis tarde do horario establecido, prégase ós clientes que o comuniquen.

Ofrecemos información turística de valde e atendémolo en catalán, castelán, inglés ou francés.

A recepción dispón dun ordenador portátil dispoñible as 24h para que se sinta como na súa casa.




  • Hotel Rural Mar de Queo 2

    Hotel Rural Mar de Queo 2

  • Exterior Hotel Rural Mar de Queo

    Exterior Hotel Rural Mar de Queo